jueves, 15 de diciembre de 2011

Vai de Roteiros. Xoldreira - Verdegaia

Novo roteiro do programa VAI DE ROTEIROS
http://www.verdegaia.org/content/view/1374/1/ 
roteiro_arnoia_decembro_2011.jpgEste domingo 18 de decembro invitámosvos a participar no roteiro que organiza Verdegaia coa colaboración da Asociación Xuvenil Xoldreira polas ribeiras do Arnoia ao seu paso polos concellos da Merca e Allariz. 
Trátase dun roteiro circular dunhas dúas horas de duración nunha zona que nos últimos tempos se habilitou para estes usos. Partiremos do bar Parroira, situado na aldea de Fontao, no concello da Merca, ás dez e media. Baixaremos cara ao río polo camiño da Fraga, camiño que comunicaba a aldea de Salpurido con Entrambosríos, este xa á beira do Arnoia. Aí percorreremos a canle do Ruca, antigo proxecto de minicentral de posguerra que nunca chegou a funcionar e que recentemente foi restaurado para camiñar. Despois de apreciar os bosques autóctonos bastante ben conservados e a rica arquitectura popular, poderémola confrontar coa agresión que representa a minicentral hidroeléctrica da Merca, situada no que fora unha das zonas de ribeira mellor conservadas do país. Deixándoa atrás e despois de parar nalgún dos múltiples muíños abandonados, chegaremos a Cobas e tentaremos adentrarnos na aldea da Pontermida, antiga aldea de muiñeiros, hoxe abandonada pero enclavada nunha paraxe espectacular e de difícil orografía, o que nos dará unha idea do tipo de vida que tiña a xente do lugar hai tempo.

Seguindo río arriba chegaremos, xa no concello de Allariz, ás aldeas da Portela e Magarelos, onde poderemos ver o Muíño das Escadas, hoxe restaurado e que se caracteriza por aproveitar as augas dun regueiro que desemboca a grande altura no propio río Arnoia. Logo regresaremos ao punto de partida, onde poderemos tomar algún petisco para recuperar forzas e confrontar experiencias. 

Para pedir información do roteiro, do lugar de saída, combinar coches, etc.: xuseantonio@gmail.com


martes, 6 de diciembre de 2011

BOLETUS

 Boletus Edulis
Boletus Edulis
 Boletus Edulis
 
  Boletus Erythropus
Boletus Erythropus
******************   Ver máis fotos en Album Outono   ****************



lunes, 10 de octubre de 2011

Roteiro de 11 Km: Entrambosríos - Campos - A Medorra - Pazos - Oxén de abaixo - Oxén de arriba - Olás - Entrambosríos


 Perfil Roteiro

  • Descarga roteiro en Pdf
  • Descarga roteiro en Kml, Trk ou Gpx 


Descrición

Saímos da área polideportiva de Entrambosríos. Atravesamos o pobo para coller o camiño que nos leva ata Campos. Saíndo do pobo collemos un camiño que nos leva ata unha pista ancha que en suave descenso nos acerca preto do río. Deixando sempre o río a nosa dereita continuamos por esta pista ata cruzar a estrada e continuar ata a Medorra. De aquí imos a Pazos e logo continuamos por outra pista ancha en dirección a zona de parcelaria de Alvarín e Soutomel. Continuamos sen desviarnos ata atoparnos cun regueiro e cos muíños do Odilo. Seguimos de fronte sempre co regueiro a nosa dereita, ata chegar a unha encrucillada. Aquí teremos que cruzar o regueiro, subindo pola pista da parcelaria uns metros. No primeiro cruce collemos a esquerda e continuamos 700 metros en línea recta ata chegar de novo a outro cruce. Seguimos a esquerda ata chegar de novo o regueiro, que cruzaremos para coller o camiño que en lixeiro ascenso nos levará ata Oxén de abaixo. Continuamos polo "camiño real" e collemos o desvio a esquerda que nos achega ao Oxén de arriba. Entramos no pobo e seguimos polo camiño a dereita que en subida nos leva ata a estrada asfaltada. Seguimos a esquerda ata chegar preto da "fonte dos ollos". A dereita continuamos polo camiño fondo que nos levará ata Olás. Cruzamos o pobo e baixando por onde están os canastros, chegamos a estrada, para logo coller a dereita o camiño que nos levará de novo as pistas deportivas de Entrambosríos.
by-nc-nd 

domingo, 12 de junio de 2011

Roteiro de 8,5 km. Zarracós - Salpurido - Entrambosrios - Campos - Olás - Zarracós






 Perfil Roteiro

Descrición

Saimos do campo da festa de Zarracós para dirixirnos ao piñeiral e chegar "O Couto". Saimos a estrada e aos poucos metros collemos unha canella que en lixeiro descenso nos levará ata Salpurido. Percorremos o pobo e saindo dirección o Casal deixamos a estrada, collendo o primeiro desvío a nosa dereita ata chegar a un cruce de camiños. Aqui seguiremos pola esquerda, polo camiño "da Fraga", que nos levará ata o pobo de Entrambosrios. Dende aqui seguiremos polo camiño que no fondo do pobo leva ata Campos. Saimos a estrada que sube dende Vilariño, para uns metros mais arriba, coller o camiño da dereita, coñecido como o "camiño dos mortos" ata chegar a Olás. Percorremos o pobo pasando diante da igrexa e a nosa dereita seguiremos para de novo a dereita deixar o pobo. Ao chegar ao camiño que nos levaría ata a fonte dos ollos, seguimos polo camiño ancho que sae a nosa esquerda, para chegar a estrada. Seguimos a nosa esquerda baixando pola estrada ata o primeiro camiño que sae a dereita, que polo "Loureiro" nos levará a fonte de Zarracós. Dende aqui subimos a dereita polos Trizós para coller a canella que entre soutos nos leva a estrada do cruce das santas. Dende aqui collemos a esquerda para chegar de novo ao campo da festa de Zarracós.
by-nc-nd 

miércoles, 25 de mayo de 2011

Roteiro domingo 15 de maio de 2011

LIGAZÓNS ALBUMS DE FOTOS




Album de Xurxo Dorrego


***************************************************************************

martes, 10 de mayo de 2011

Roteiro do domingo 15 de maio de 2011

*********** Ver fotos do Roteiro **********


Roteiro de 9 Km. A Parroira - Rubias - Vilar - Casal de Maus - Magarelos - Fontao - A Parroira





 Perfil Roteiro

Descrición

Saimos da Parroira e collemos a estrada que nos leva a Rubias. Unha vez atravesamos o pobo, cruzamos a estrada de Celanova, para seguir un camiño que nos levará ata a pista de terra que sube o San Cibrao. Chegamos ao cruce de Vilar, e xusto cano a pista colle pendente, a nosa esquerda sae un camiño que nos levará ata o Outeiro de Corvillón. Pasado o Penedo da nosa señora e antes de chegar o insurtiño collemos o desvío que sae a nosa dereita e que nos levará ata Casal de Maus. Dende aqui seguimos ata Magarelos. Cruzamos o pobo e collemos o camiño que sae a nosa esquerda, ata chegar a unha nova encrucillada. A esquerda seguimos o camiño que nos leva por soutos e carballeiras ata o carballo do Ferreiro e a estrada de Covas do Rio. Uns metros mais arriba a dereita empeza o camiño "dos pequenos" que nos leva ata Fontao. Atravesamos o pobo e voltamos a estrada que nos deixa outra vez na Parroira.
by-nc-nd 


sábado, 7 de mayo de 2011