martes, 6 de noviembre de 2012

Vai de Cogumelos......

Tricholoma Sulphureum

 
 Leccinum Scabrum

Lactarius Circellatus

 
Boletus Edulis

  Boletus Edulis

  Clitocybe Odora

  Boletus Erythropus

 Boletus Edulis



******************   Ver máis fotos en Album Outono   ****************



jueves, 1 de noviembre de 2012

III Roteiro Parroira Bike 2012

A dirección de GASTRO-BAR PARROIRA máis o CLUBE CICLISTA DUAS RODAS, teñen o placer de invitarvos o 3º Parroira Bike o vindeiro 4 de novembro de 2012.
Mais info en ccduasrodas.com




Ver mapa mais grande


Baixando polo camiño fondo da Fonte dos Ollos


Pequeno atasco subindo a canella dos Trizós, en Zarracós




by-nc-nd 

domingo, 28 de octubre de 2012

Roteiro de Riamontes. Roteiro da auga (Ames)


Ver mapa mais grande
O domingo 28 de outubro tivo lugar III Andaina Concello de Ames polo roteiro deRiamontes, organizada pola concellaría de Medio Ambiente, a través da Aula da Natureza. Roteiro circular de sete quilómetros andando polos arredores do regato e dos muíños que hai no seu contorno. Comenza e remata na aldea do Vilar, na parroquia de Ames, subindo o Alto de San de Marcos onde puideron gozar de panorámicas do Val da Maía:

 
 
 


martes, 9 de octubre de 2012

Morcegos, Ríos e Persoas

As ribeiras dos nosos ríos son espazo de refuxio e alimento duns mamíferos que poucas veces se poden ver: os morcegos. Coa intención de achegarnos ao mundo destes descoñecidos mamíferos nos entornos fluviais, Proxecto Ríos e Drosera organizan para o 20 de outubro unha xornada na Aula de O Rexo e Allariz. O encontro “Participación social e a conservación dos morcegos nos ecosistemas fluviais” realizarase na tarde do sábado 20 de outubro. O obxectivo da mesma é dar a coñecer a importancia dos quirópteros fluviais e sobre todo descubrir qué podemos facer cada un de nós para axudar na súa conservación. (Descarrega o cartaz das xornadas)
Contaremos cunha charla sobre os morcegos e unha mesa redonda na que se presentarán diferentes iniciativas de estudo, conservación e voluntariado con estes interesantes mamíferos. Ao final do día haberá unha saída de campo para identificación de morcegos.
 Programa:
16.30 Presentación
           Virginia Rodríguez. Coordenadora do Proxecto Ríos
            Roberto J. Hermida. Drosera
16.40 Charla-debate
            Importancia dos ecosistemas fluviais para os morcegos Roberto J. Hermida. Drosera
18. 00 Mesa redonda
            Persoas que custodian morcegos  Roberto J. Hermida. Drosera
             Programa de seguemento de morcegos Quirorius  Lídia Freixas Mora. Museo de Granollers
             Modera: Ramsés Pérez. Proxecto Ríos
19.30 Merenda-cea
20.00 Observación e escoita de morcegos durante a actividade nocturna

Actividade gratuita  e prazas limitadas.  Traer lanterna e bocata
Inscricións: tlf 616 238 050 (Ramsés) email: ramses@adega.info
Iniciativa: ADEGA
Organiza: Proxecto Ríos e Drosera
Promove: Confederación Hidrográfica Miño-Sil e Augas de Galicia
Colabora: Reserva da Biosfera Área de Allariz e Centro de Educación Ambiental  O Rexo.

IV Andaina Concello de A Merca 2012


Nome da Proba: IV Andaina Concello de A Merca.
Organiza: Concello de  A Merca.
Colabora: Bar Parroira, aBroaSendeirismo
Data: 14 de outubro de 2012.
Distancia do percorrido: 19,7 quilómetros.
Información:  Na web do Concello de A Merca.
Inscrición: 
As inscricións realizaranse ata o 11 de Outubro a través da web do Concello de A Merca.  O custe será de 5 €.

domingo, 23 de septiembre de 2012

COÑECENDO OS MISTERIOS DO MONTE PINDO

O sábado 22 de setembro organizado pola asociación Monte Pindo Parque Natural, poidemos asistir a un roteiro circular, deseñado para visitar algúns dos puntos máis interesantes da orografía do monte sacro dos nosos antergos (O Olimpo Celta), coma o Pico Penafiel ou a Cova da Xoana e facendo cumio na Laxe da Moa. 
O obxectivo deste roteiro, é a petición de que o Monte Pindo sexa Parque Natural, para asi corrixir os graves déficits na súa sinalización, e a formación, como o único xeito de minimizar o risco de perderse.
O roteiro partiu do lugar do Fieiro, para emprender o ascenso cara á Laxe da Moa, onde fixemos cumio (627 m), desfrutando dunha das panorámicas máis impresionantes do sur da Costa da Morte, cunha perfecta visibilidade dende Corrubedo ata o Cabo Fisterra. Despois de rodear o pico, collemos rumbo á Cova da Casa Xoana , unha pintoresca grota que perfora en dirección este-oeste un outeiro. Descendemos polo Rego Candelas para visitar o Peñafiel, o famoso curuto piramidal ao que a historia atribúeun castelo derrubado pola 2ª Revolta Irmandiña, para finalmente voltar ao Fieiro. Perto de 12 quilómetros con dificultade media-alta.
O longo do día e despois de camiñar 7 horas, poidemos desfrutar de:

ESPECTACULARES PANORÁMICAS


RESTOS DE FORTIFICACIÓNS


FORMAS CAPRICHOSAS DA NATUREZA
 

INSCRIPCIÓNS MEDIEVAIS

COVAS
 



Roteiro moi fermoso, no que ademáis poidemos contar coa presenza e sabiduría de Pepe do Fieiro

¡¡¡¡¡¡¡ MONTE PINDO PARQUE NATURAL !!!!!!!

---- Album de fotos ano 2005 ----




sábado, 25 de agosto de 2012

Roteiro de 11 Km. Subida o San Cibrao


Descrición

Saimos do bar Parroira hacia Rubiás pola estrada das veigas, subindo pola antigua tienda ata chegar a un falso llano, a uns 2 Km, e coller o desvío que a esquerda nos leva o cruce de camiños no outeiro de corvillón coñecido como a "cruz de regos". Collemos a nosa dereita para atravesar uns lameiros e sen desviarnos do camiño chegamos a un altiño con terras traballadas, continuamos polo camiño que entre carballos e castiñeiros nos leva a pista de terra que sube o San Cibrao. Continuamos ata Vilar, para coller a pista que en lixeiro ascenso nos deixará na pista que sube da Limia. Collemos a esquerda para subir ata a capela. Baixamos pola pista e os poucos metros torcemos a dereita, para no seguinte cruce coller a esquerda e en descenso chegar a antigua fontela. Aqui nos desviamos a dereita, para descender ata o "Penedo da Moura", o que bordeamos, e seguir ata o novo cruce de pistas. Desviamonos a esquerda e novamente a esquerda para pasar polos "Casares" e chegar a Forxás dos Montes. Na explanada da fonte, collemos o "camiño da cruz de regos" a esquerda que nos volve levar o outeiro de Corvillón. Seguimos a dereita  polo "camiño do monte" e antes de chegar o "penedo da nosa señora" baixamos  a nosa esquerda ata chegar a estrada de Celanova. Cruzamos e seguimos baixando ata a estrada das veigas. Seguindo esta a dereita chegamos a Molinera e a Parroira
En total son 11.7 Km de percorrido moi fermoso, entre carballerias, soutos, e con vistas sobre o val do río arnoia e da Limia.


 
by-nc-nd 


martes, 8 de mayo de 2012

Roteiro 20 de maio de 2012



Roteiro de 9.5 Km: A Parroira - Fontao - Covas - A Fraga - Entrambosrios - Lameiroquente - Casal - Zarracós - Fontao - A Parroira


  Perfil Roteiro


Descrición

Saimos do bar Parroira hacia Fontao, para seguir polo camiño dos pequenos ata o primeiro desvio a esquerda. Continuamos e despois de atravesar o lameiro baixamos pola canella que nos leva ata a estrada. Entramos no pobo de Covas e pasada a fonte seguimos a esquerda para sair do pobo por outra canella a un souto. Continuamos polo carreiro e sen desviarnos chegaremos a un cruce. Seguimos a esquerda ata chegar preto de salpurido a outro cruce. Continuamos a dereita polo camiño da Fraga ata chegar a Entrambosrios. Entramos no pobo para logo volver a sair en dirección a escola. Continuamos polo camiño e  logo dunha pequena subida xiramos a dereita para seguir o camiño que nos levará a estrada que sube a Lamieroquente. Atravesamos o pobo e seguimos ata a casa do Paulino, para xirar a esquerda e polo camiño da Besada chegar O Casal. A saida do pobo collemos o camiño que a esquerda continua ata o Reguengo e o chegar o final continuamos en lixeiro ascenso polo camiño que nos leva ata o deposito da auga. Seguimos de frente sen desviarnos do camiño e chegamos o campo en Zarracós. Continuamos hacia o outeiro de Zarracós para coller o camiño que ven do Couto e continua ata Fontao. Pasada a granxa aparece un cruce, seguimos a esquerda e sen desvio entraremos no pobo de Fontao. Collemos o primeiro desvio a dereita pasando a carón dunha aira e continuamos ata chegar a estrada. Dende aqui diriximonos a Parroira.
En total son case 10 Km de percorrido moi fermoso, entre carballerias, soutos, regueiros e con vistas sobre o rio arnoia e o canal do Ruca.
by-nc-nd 

domingo, 1 de abril de 2012

1º ANIVERSARIO aBroaSendeirismo 2012


¡¡¡¡ DENDE A BROASENDEIRISMO QUEREMOS AGRADECER AO POBO DE FONTAO, EN NOME DE TODAS E TODOS, POR PRESTARNOS O SEU LOCAL SOCIAL PARA PODER CELEBRAR O NOSO 1º ANIVERSARIO. MOITAS GRACIAS !!!!

OS CÁNTICOS POPULARES: A RIANXEIRA


OS CÁNTICOS POPULARES: O MIUDIÑO



viernes, 16 de marzo de 2012

MEMORIA DE ACTIVIDADES 2011

Pequena presentación de aBroaSendeirismo e resumo das principais actividades levadas a cabo durante o ano 2011


domingo, 5 de febrero de 2012

Roteiro de 10 Km: A Parroira - Corvillón - Casaldemaus - Casaldoira - Seoane - Forxás dos Montes - Corvillón - A Parroira



  Perfil Roteiro


Descrición

Saimos do bar Parroira dirección Corvillón pola estrada. Dirixímonos a Casaldemaus polo camiño que sae pasado o forno, atravesando o pobo e voltando a sair a estrada, seguimos entre o souto polo camiño para chegar ao cruce de Forxás. Subindo hacia Forxás xiramos a esquerda para logo coller de novo a esquerda ata chegar ao camiño que ven de Campelo. Aqui seguimos a dereita por un camiño que soe levar bastante auga, ata chegar ao cruce que nos leva a Forxás. Xiramos a esquerda dirección Seoane para volver a xirar a esquerda a uns poucos metros e baixaremos polo camiño que nos levará ata Casaldoira despois de cruzar un regueiro. Entramos en Casaldoira e a dereita descendemos polo camiño que nos levará de novo a cruzar o regueiro, para despois en lixeiro ascenso dirixirnos a Seoane. Chegamos a un cruce con 3 camiños seguindo sempre a nosa dereita, e sen desviarnos seguiremos ascendendo ata chegar a outro cruce onde xiramos 90º a esquerda, para os poucos metros seguir a dereita polo camiño que nos levará ata o pobo de Seoane. Atravesamos o pobo polo rua principal e a saida collemos un camiño que sae de frente. Despois de percorrer uns 300 metros chegamos a un novo cruce, onde collemos a esquerda, e despois de xirar novamente a esquerda case 180º subiremos entre castiñeiros, sen abandonar o camiño principal. Atopamos de novo outro cruce con tres camiños, pero seguimos de frente polo camiño do medio, que nos levará en suave ascensión ata sair da zona de bosque e chegar as pistas forestais. Aqui xiramos a dereita, subimos uns 200 metros para seguir despois en descenso a pista que nos levará ata Forxás. Atravesamos o alongado pobo e ao chegar a unha aira ampla collemos o camiño de terra da esquerda que nos levará ata o outeiro de Corvillón. Chegamos a un novo cruce e collemos a nosa dereita para seguir dirección ao "penedo da nosa señora". Pero antes de entrar na zona de xesteiras desviamonos a esquerda para descender ata a estrada de Celanova. Cruzamos e baixamos polo camiño que nos leva ata a estrada de Rubías, e continuando a dereita voltaremos A Parroira.
En total son 10 Km de percorrido moi fermoso, entre carballerias, soutos, regueiros e zona alta con boas vistas sobre o Val do Arnoia. Para quen queira acortar o roteiro, pode sair e rematar en Corvillón, percorrendo só 8 Km.
by-nc-nd