domingo, 23 de septiembre de 2012

COÑECENDO OS MISTERIOS DO MONTE PINDO

O sábado 22 de setembro organizado pola asociación Monte Pindo Parque Natural, poidemos asistir a un roteiro circular, deseñado para visitar algúns dos puntos máis interesantes da orografía do monte sacro dos nosos antergos (O Olimpo Celta), coma o Pico Penafiel ou a Cova da Xoana e facendo cumio na Laxe da Moa. 
O obxectivo deste roteiro, é a petición de que o Monte Pindo sexa Parque Natural, para asi corrixir os graves déficits na súa sinalización, e a formación, como o único xeito de minimizar o risco de perderse.
O roteiro partiu do lugar do Fieiro, para emprender o ascenso cara á Laxe da Moa, onde fixemos cumio (627 m), desfrutando dunha das panorámicas máis impresionantes do sur da Costa da Morte, cunha perfecta visibilidade dende Corrubedo ata o Cabo Fisterra. Despois de rodear o pico, collemos rumbo á Cova da Casa Xoana , unha pintoresca grota que perfora en dirección este-oeste un outeiro. Descendemos polo Rego Candelas para visitar o Peñafiel, o famoso curuto piramidal ao que a historia atribúeun castelo derrubado pola 2ª Revolta Irmandiña, para finalmente voltar ao Fieiro. Perto de 12 quilómetros con dificultade media-alta.
O longo do día e despois de camiñar 7 horas, poidemos desfrutar de:

ESPECTACULARES PANORÁMICAS


RESTOS DE FORTIFICACIÓNS


FORMAS CAPRICHOSAS DA NATUREZA
 

INSCRIPCIÓNS MEDIEVAIS

COVAS
 



Roteiro moi fermoso, no que ademáis poidemos contar coa presenza e sabiduría de Pepe do Fieiro

¡¡¡¡¡¡¡ MONTE PINDO PARQUE NATURAL !!!!!!!

---- Album de fotos ano 2005 ----